MULLERES

muller

Imparto obradoiros puntuais ou formativos de: xénero, autoestima, habilidades sociais, etc.

*Xénero:

Todo o concerniente coa nosa perspectiva como mulleres neste mundo, o rol que a sociedade nos asignou até agora, o qué queremos mudar, etc. Reflexionar sobre cómo nos afectan estes roles, se nos sentimos identificadas con eles, se queremos mudalos e reforzarnos como mulleres a nivel grupal a través de distintas dinámicas de grupo.

* Autoestima:

Analizar cómo nos afecta ás mulleres na nosa autoestima os roles de xénero que se levan impoñendo ao longo da humanidade, así como profundizar sobre o autocoñecemento individual a través de distintos exercicios e dinámicas grupais.

* Habilidades Sociais:

Analizar os estilos de comunicación (agresivo, pasivo, asertivo), as relacións afectivas (dependencia emocional, etc.) , é dicir, traballar o xeito de relacionarnos coas persoas e cómo mellorar as nosas relacións cos demáis.

Fundamentalmente poden ser obradoiro dunha duración determinada ou de hora e media (90 mins) un día á semana.

mulleres