MAIORES

old woman

É o colectivo co que posúo máis experiencia (con respecto aos adult@s e @s nen@s) gústame traballar con eles/as  pola súa forma de ver a vida e o agradecemento que transmiten nas actividades, as ganas de vivir, etc.

Fundamentalmente para o colectivo de maiores céntrome en 3 obradoiros: Estimulación Cognitiva (ou Memoria), Dinámicas de Grupo e organización de Saídas Culturais (visitas a museos e actos culturais da cidade, videofórums, charlas sobre temas que lles poidan interesar, etc).

* Estimulación Cognitiva:

A través de diferentes exercicios de: memoria, linguaxe, orientación sensoro-espacial, vocabulario, pasatempos, cálculo, etc.  lembrar coñecementos pasados na súa etapa escolar así como conservar a memoria a curto, medio e longo prazo.

Isto prevén a aparición de enfermidades dexenerativas como son o alzheimer, as demencias senís, etc.

* Dinámicas de Grupo:

Lectura e comentario de textos de Psicoloxía Positiva e Intelixencia Emocional, realización de dinámicas grupais que axudan a coñecernos mellor como persoas (autocoñemento, autoestima) así como a relacionarnos mellor cos demáis (habilidades sociais), sempre dende un punto de vista lúdico e diferente, que axude a relacionar ao maior co seu entorno e cos compañeir@s de clase para crear un ambiente agradábel e discernido do que sentirse parte.

* Saídas Culturais:

Estas saídas abarcan toda a oferta cultural da cidade. Dende visitas guiadas aos diferentes museos da cidade (MARCO, Centro Social Novacaixagalicia, Fundación Pedro Barrié de la Maza, etc.) até a organización de charlas sobre temas que lles poidan interesar ao colectivo de maiores, así como videofórums, clubes de lectura (escoller un libro ao mes sobre o que xuntarnos posteriormente e comentalo entre tod@s), así como calquer excursión ou saída ao aire libre que lles poida interesar coñecer.

Todos estes obradoiros o que promoven é a autonomía da persoa maior, prever enfermidades (como a depresión, as enfermidades dexenerativas), o illamento social, tentar conseguir  unha rede social forte coa que poidan compartir esta última etapa das súas vidas nas que son máis libres para poder realizar accións de mellora persoal para sí mesmas e non tanto vivir para @s fill@s e a familia en xeral, como facían antigamente as mulleres.

talleres estimulación cognitiva vigo

taller memoria vigo

dinámicas de grupo vigo